26/09/13

Que queren esconder os bmxers?

No interbike do 2013 (estivo a acontecer estes días por se vivides en Sillobre e non o pillastes) captou a miña atención que dúas marcas tiveran a mesma idea con execucións lixeiramente distintas.




O que podedes ver na imaxe superior é o asento Wethepeople que promete partir o mercado no 2013/2014, por que? pois porque ademais dese peto traseiro no que aloxar allens, probas incriminatorias ou disquettes,os alemáns deixaron á xente rota cando explicaron que o seatpost funcionaba a modo de chave de 17 de maneira que aforrabas gardar a chave máis tocha de todas (WTF!?)



A seguinte marca en anunciar publicamente un asento ''con trampa'' foi United co seu ''Zip it''. Neste caso xa o vexo algo menos práctico; pensade por exemplo neses whips que van parar xusto nesa zona (non miro para ninguén BORJA) e pensade o pouco que duraría o peche en bo estado. Comodidade á parte, hai que lle conceder puntos extra polo deseño inspirado nunha antiga serie ao estilo Lunis chamada Rainbow (ide aquí para velo)

Sería interesante de aquí a uns anos coller a toda a xente que leve un destes e ver que leva realmente, haha.



Sem comentários:

Enviar um comentário