08/11/13

GO HARD OU VAITE DEITAR: Rober Loureiro vídeo+entrevista (GAL)


GO HARD OU VAITE DEITAR: Rober Loureiro from D☮ RIGHT D☢ BIKES on Vimeo.



GO HARD OU VAITE DEITAR regresa coa súa terceira entrega. Nico Esteban foi o responsable de comezar partindo todo coa súa sección, seguido do noso irmán vasco Jaime García. Hoxe é merecidamente o día de Rober Loureiro e non era sen tempo! 


Rober é o que se chamaría unha persoa de contrastes (non enchamos a boca coa famosa ‘’bipolar’’) Nas primeiras tomas de contacto con el todo o mundo concorda en que se trata dalguén pacífico e correcto no trato, chegando ata o punto de semellar reservado aos ollos inexpertos. A medida que o día vai morrendo decátaste de que non podías estar máis lonxe de coñecelo; puteando aos colegas aquí e alí para despois metamorfosearse na festa personificada unicamente movido polo sentimento de partir con todo e por inxentes cantidades de birra (uns 70 litros de acordo cos nosos informes) Esta é a MIÑA opinión sobre el; lede a entrevista e con sorte poderedes formar a vosa propia:

- Como toda boa entrevista comecemos cos básicos. O teu nome, anos, lugar de residencia, ocupación, spónsors, etc.
Rober Loureiro. 25 tacos. Agora mesmo vivo en Ferrol traballando de leñador, haha.
(*Jorge: de aí a temática á hora de editar o vídeo; árbores, serras mecánicas... píllase ou?)
Monto para UnionBS e DRDB.



- Unha das cousas que máis me fixeron respectarte unha vez que cheguei a te coñecer mellor foi todo o envolve o teu traballo. Poderías explicarllo en profundidade a toda a xente lendo isto?
Despois dun tempo vivindo en A Coruña quedei sen choio e voltei para Ferrol. Alí empecei a traballar no negocio de leña que tiña meu avó. El está xa xubilado así que eu son o que o leva e, como calquera outro choio,  vou onde me contraten ou senón vendo madeira para calefaccións, fornos, etc. Pode que non sexa un choio moi normal na cidade, pero onde traballo eu (Sillobre) é un oficio bastante normal. Unha das mellores cousas deste traballo é poder estar no campo a maior parte do tempo e non pechado nun puto local vendendo merdas.

- Que che fixo coller a bmx nun primeiro lugar e non decidirte polo fútbol coma a esmagadora maioría dos nenos neste país?
Pois realmente non sei en que momento comecei a montar na bmx nin por que. Sempre estiven a facer o parvo por aí con bicis de merda e lembro que nalgún momento alguén me pasou un vídeo de Animal (o 2000) e desde ese momento empecei a ver un pouco máis por onde ían os tiros grindando e facendo uns trucos ata o día de hoxe, haha.

 - Neste clip do 2008 que puxen no blog (con máis de 2000 visitas) hai unhas semanas aparecías sen pegs facendo un 360 bastante serio. Que che fixo pasar de montar pegless a enfocar case exclusivamente o teu riding en grindar nos 4 pegs? Exactamente con que frecuencia me recordas que tes pegs na casa para min? Haha.
A verdade é que cando empecei a montar un pouco en serio xa o facía con 4 pegs, porque os únicos vídeos que vía eran de Animal ou similares e en eles vía trucos que realmente podía facer nos spots que tiña a man a falta de skateparks. De aí e diante montei con 4, 2 ou ningún peg, aínda que ao final sempre me vía voltando aos 4 que era como realmente desfrutaba dos spots, o que continuou ata o dia de hoxe.

-
Que tal saben os rabos da crew enteira de DUB BMX? Haha. Nah en serio, que ten o bmx inglés que che flipa tanto fronte as outras escenas?
Hahaha. Ter en conta só a DUB de toda a escena inglesa non ten sentido. Cando empecei a ver vídeos encontrei o Voices, os NSF ou o Tomorrow we work e hostia! Eses si que son os spots que se ven aquí. Realmente transmitíanme o ambiente do street do vello continente ao contrario que eses colexios californianos de cemento perfecto... aquí hai pedras, varandas oxidadas e caixóns agro, haha. Se a todo isto lle sumas o bo rollo da xente, o engorile para montar e festa a morrer con toda esa birra... que máis podes pedir dunha escena? 

- Unha pregunta que debeu rondar as cabezas de gran parte da xente que viu ese vídeo (polo menos a miña si) é, como montando así e podendo ter producido webvídeos excelentes no pasado é este o teu primeiro vídeo na web (refírome a primeiro vídeo única e exclusivamente teu)?
Creo que principalmente se debe a que nadie de los que montamos aquí tenia una camara y tampoco gran interes por grabar, simplemente bajar a montar y echarse las risas, pero ahora con el tema de drdb me compre una camara y empezamos a cojerle el gusto a grabar asiq aparte de este video saladra mas material coruño..mio y de los demas cachurros ajaja
Creo que principalmente é debido a que ninguén dos que montabamos aquí tiñamos cámara e tampouco gran interese por gravar; simplemente baixar montar e estar de risas. Co tema de DRDB decidín comprar unha cámara e co paso do tempo pasámolo mellor e mellor gravando, así que ademais deste vídeo sairá máis material coruño meu e dos demais cachurros!

- Que achas en falta na escena de aquí? Coa miña pouca experiencia encontro que a xente fai prevalecer demasiado a tradición dalgunha xente da industria aínda que leven anos sen facer nada por ela excepto lucrarse.
Quiza lo que mas noto que falta son las ganas de moverse, de ver nuevos spots, montar con mas gente, etc.la gente en galicia es un poco apalancada, en lo de que prevalece la tradicion nose.. es una escena muy pequeña y lo poco q hay es en lo q ue se fija la gente asiq sera por eso nose…ahora hay tiendas como union bs q apollan al 200 por cien la escena local y yo es con lo que me quedo..
Quizais o que máis acho de menos son as ganas de moverse, de ver novos spots, montar con máis xente, etc. A xente de aquí é algo apalancada. Respecto ao da tradición non sei... a escena é moi pequena e o pouco que hai é o que máis reclama a atención da xente así que pode ser iso. Agora hai tendas como UnionBS que apoian ao 200% a escena local que para min é o máis importante.

- En que cres que está axudando DRDB aos que montamos aquí? Que lle dirías a alguén non familiarizado coa nosa movida para que se interesase por ela?
Pois no que máis está a axudar é a dar a coñecer un pouco a escena galega, con xente moi boa e un engorile brutal. Por se alguén ten interese en ver como vai a vaina por aquí, sábados a partir das 23 no Cañahueca e ensinámoslles un pouco como vai o tema, haha.

- Cal cres que vai ser a aceptación da mixtape ‘’GO HARD OU VAITE DEITAR’’? Estás contento coa túa parte?
Supoño que boa non sei... tanto a parte de Nico coma a de Jaime foron brutais e agardo que a miña sexa tan ben acollida. Eu paseino da hostia gravando e é o que máis valoro do proceso, pero se por riba lle mola aos meus colegas e á xente pois mellor.

- Cales son os teus vídeos favoritos na web para todos aqueles que queran ser coma ti teñan por onde comezar? Haha.
Máis ca web vídeos prefiro DVD’s así que teño que dicir o Animal All day e o Voices que están ben para comezar, haha.

BONUS:
Breixo: Podes explicar a maldición que rodea o asento Animal do A grande que o fai imposible de conseguir?
Oxalá o puidese exlicar, haha. Despois de anos detrás de el intentando conseguilo tanto en España como fóra fun incapaz de conseguilo polo que desistín. Nunca aparecía nin ningunha a distribuidora o tiña a non ser en branco así que abur, haha.

 Cal é a túa opinión no que respecta ás nomenclaturas ''opposite'' e ''switch'' no bmx frecuentemente confundidas?
Máis ca un termo ou otro o que debería mudar é o concepto de oppo dependendo de como monte cada un e achegarse máis ao sistema usado polo skate. Os xiros deberían pasar a ser fs (frontside) ou bs (backside) ao igual cós grinds xa que é evidente que hai trucos que son máis fáciles dependendo da posición dos pés e non tanto o lado "natural" do rider. Creo que é algo que vai mudar co paso do tempo xa que agora os riders teñen cada vez máis nivel á hora de xirar ou grindar para unha ou outra dirección. Deste xeito o termo switch conservaría o seu significado orixinal relacionado co cambio dos pés.

- Finalmente, os agradecementos e calquera cousa que queiras adicionar para rematar a entrevista.
Pois quero agradecerlle a DRDB e a toda a xente que son uns máquinas ademais de a todos os coruños polas horas horas de riding e festa que pasamos da hostia. Non podo pedir uns colegas mellores. Á miña moza por manterme mentalmente sano en todo o que pode, haha, e a Carlos e Dani de UnionBs por todo o apoio tanto a min coma á escena local. Xa sabedes onde mercar as pezas muchachos!!! Vémonos no Playa chuvaleeeesss!




Sem comentários:

Enviar um comentário